Isabel Posse: ‘O importante é que xa está en prisión’

    PONTEVEDRA> O asasino de Mari Luz Posse, Jaime Maiz Sanmartín ingresou hoxe no cárcere da Lama. A familia da vítima amosou a súa satisfacción a Canal Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/sentencia_jaime_maiz.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O ex garda civil Jaime Maiz Sanmartín foi ingresado este mediodía no cárcere da Lama, logo de ser condenado a 19 anos de prisión como autor do asasinato da súa ex compañeira sentimental, Mari Luz Posse. Isabel, irmá da vítima expresou hoxe a Canal Rías Baixas a súa satisfacción pola pena imposta a Jaime Maiz.

    A Audiencia Provincial deu a coñecer esta mañá a sentencia condenatoria, a penas 4 días despois de que un xurado popular o declarase culpable de asasinato. Considérase que Jaime Maiz disparou coa súa arma regulamentaria na cabeza de Mari Luz cando esta se atopaba no cuartel da Garda Civil de Cambados para presentar denuncia contra el.

    Esta mañá celebrouse unha audiencia de urxencia. Tras escoitar á fiscal, a maxistrada decidiu asegurar a prisión provisional durante a metade da condena, por risco de fuga. Deste modo, evitarase que, en nove anos e medio, Jaime Maiz poida saír do cárcere, inda que recorra a sentenza.

    Na sentencia recóllese tamén unha indemnización de 260 mil euros para os tres fillos de Mari Luz, e doutros 42 mil para os seus pais e irmáns. Ademais, Jaime Maiz non poderá achegarse a Cambados nin ós familiares da vítima durante 29 anos.

    Pese ó ocorrido á súa irmá, Isabel Posse anima a vítimas e achegados a denunciar os malos tratos.

    Redacción Salnés