Deputación e Caixanova invisten máis dun millón de euros en cultura

    louzan_caixanova2_100_120710.jpg PONTEVEDRA> O ‘Plan Cultural 2010’ incluirá arredor dun milleiro de actividades lúdicas no que participarán máis de 900 grupos e artistas.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_DEPUTACION_CAIXANOVA.flv{/flowplayer}
     
    O acordo con Caixanova engloba máis dun millar de actividades. Entre as que destaca o copatrocinio do “Plan Cultural 2010”, plan promovido pola Deputación no que participan máis de 900 grupos e artistas. Algunhas actividades que se beneficiarán desta colaboración son a Bienal de Arte, celebrada no Museo de Pontevedra, a Escola de Canteiros, proxectos de carácter editorial e de formación, e varias iniciativas para a promoción do deporte, da cultura, do turismo e da economía da provincia.
     
    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, insistiron na implicación dos dous organismos no ámbito da cultura e situaron o plan cultural da provincia pontevedresa como o de maior actividade de toda Galicia.
     
    A sinatura deste convenio suma novas actividades a outras colaboracións entre ambos entes. Unha das máis relevantes e que supuxo a inversión de 3 millóns de euros foi a adquisición de 96 vehículos para colectivos deportivos e sociais, polo cal persoas con problemas de mobilidade poden contar con automóbiles adaptados.
     
    Redacción Salnés