Máis de 30 establecementos participarán este sábado na Pink Fashion de Noia

NOIA> Unha trintena de establecementos participarán este sábado na decimo terceira edición da Pink Fashion de Noia. Ademais de descontos do 20 por cento, os clientes optarán a un premio dun vale de compra de 500 euros que se sorteará ó final da xornada.

A asociación Noia Histórica e a concellería de Comercio volven colaborar para poñer en marcha unha nova edición da Pink Fashion. 32 establecementos participarán nesta campaña de primavera, ofrecendo un 20 por cento de desconto, co fin de animar as vendas e imprimir dinamismo ó tecido económico da vila.

Haberá actividades de animación a partir das seis da tarde con inchables para os máis pequenos, degustacións gastronómicas e animación musical.