![]()
O GROVE> Un mozo resultou ferido de bala esta madrugada nun tiroteo en pleno centro do Grove. Ó parecer os feitos están relacionados con asuntos de drogas.
A Garda Civil busca a tres suramericanos como supostos autores dos disparos. Estes tres individuos déronse á fuga tras disparar a J.M.O.G, de 21 anos.
Os feitos ocorreron sobre as once da pasada noite na rúa Luís Casais, durante unha pelexa na que se viron implicados o mozo, seu pai e tres cidadáns suramericanos, un dos cales efectuou o disparo.
O ferido permanece ingresado en planta no Hospital Montecelo de Pontevedra con prognóstico leve, logo de ser sometido a unha intervención cirúrxica sinxela.
Redacción Salnés










