As mariscadoras de Vilanova xa poden traballar no Ariño

    zonabesteiro copia.jpg VILANOVA> A zona conseguiu os 12 resultados positivos nas probas realizadas polo INTECMAR para poder extraer bivalvos.

    {flowplayer}images/salnes/AperturaEsteiro.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Vilanova Gonzalo Durán mostrou esta mañá a súa satisfacción pola apertura desta zona, o que segundo él é un paso máis no empeño do Concello de sanear as costas do municipio.

    A principios de xuño o colectivo de mariscadores de Vilanova xa mostraran a súa preocupación por non poder extraer marisco desta zona, chegando incluso a concentrarse diante do Intecmar para esixir a apertura. Agora, cos 12 resultados positivos que se precisaban o Ariño convértese en zona B. E algúns puntos mesmo pasarán a considerarse zona A.

    En canto ó resto da zona do Esteiro, dixo o alcalde que polo de agora os análises realizados están a ser positivos, pero que aínda non se acadaron os 12 que son precisos. Durán agarda que nun período dun mes se poida reabrir o resto do areal tamén como zona B.

    Redacción Salnés