O ‘Vilagarcía’ comeza a defensa da súa triple coroa

vela250_220610.jpgVILAGARCÍA> O primeiro título que tentarán reter será o de campións de España, esta fin de semana en Barcelona. Onte á noite partiron cara Cataluña, despois de ofrecer unha rolda de prensa ante os medios de comunicación.

{flowplayer}images/salnes/vela_220610.flv{/flowplayer} 

O venres, Barcelona acolle o inicio do Campionato de España de Platú 25, unha competición en nove mangas que se extenderá ata o domingo. Alí estará o ‘Vilagarcía’ que desexa repetir unha campaña como a do ano pasado, algo máis que complicado: defende os títulos de campións do mundo, ibéricos e de España. Foi a priori o máis sinxelo, o galego, co que non puideron e polo que non fixeron pleno.

Coma é habitual, os tripulantes do Vilagarcía actúan con humildade e precaución. Sempre que foron ó nacional, gañárano, e foi tres veces. Son os grandes favoritos aínda que eles prefiren ceder esa papel a outros regatistas. 

Un dos segredos do éxito do ‘Vilagarcía’ é o traballo na posta a punto do barco, se ben hai unhas semanas sufríu un golpe importante. Reparouno un especialista, en Portugal, e semella que estará en perfectas condicións para competir entre os mellores.

Outra das novidades será as velas que utilicen, máis lixeiras para o tipo de vento que se van atopar en Barcelona. En contra deles, un campo de regatas apenas coñecido. Por iso marcháronse con varios días de antelación, para poder levar a cabo durante esta semana diversos adestramentos.

No tocante á tripulación mantense a mesma que o ano pasado: Carlos, Antón e Bernardo Paz e Joaquín Cores. A única novidade é a inclusión de Juan Debén no lugar de Esteban Gañete.

O Campionato de España non será a única competición que teñan que afrontar este verán. Carlos e Antón Paz disputarán o Europeo de 49er en Sopot (Polonia) do día 5 ó 11 de xullo. Logo, sen tempo prácticamente para o descanso voltarán a España, a Alacante, onde se reunirán co resto do equipo do Vilagarcía para disputar o Campionato do Mundo de Platú 25, dos días 16 a 25 de xullo.

Outro barco do Liceo, o comandado por Ero Pons e Juan José Durán, actuará tamén nas competicións de Platú, co cartel de campión galego, o único barco que foi quen de superar ó Vilagarcía en 2009 en competición oficial.

Redacción Salnés