Poio pon en marcha o plan de prevención de incendios

    POIO> O Concello de Poio xa puxo en marcha o seu plan de prevención de incendios e onte presentou os dispositivos cos que conta.

    {flowplayer}images/salnes/dispositivo_incendios_poio.flv{/flowplayer}

    POIO> O Concello de Poio xa puxo en marcha o seu plan de prevención de incendios e onte presentou os dispositivos cos que conta a agrupación local de Protección Civil.

    O alcalde Luciano Sobral confía en que este verán sexa como o pasado, xa que se produciron moi poucos lumes forestais O rexedor indicou que tralos incendios que asolaron Galicia en 2006, os núcleos de poboación están máis protexidos que antes. Daquela víronse ameazadas varias vivendas en Poio, pero Sobral cre que agora están preparados para ese tipo de situacións, sobre todo grazas ó decreto de 2007 no que se establece o tipo de vexetación e a distancia desta nas áreas habitadas.

    Para esta campaña, Poio conta con dous camións motobombas e dous vehículos todo terreo, ademais de diverso material manual contra incendios. O Concello ten asinados tres convenios de colaboración coa Xunta, un deles permitirá que as motobombas estean operativas 16 horas ó día, xa que se contará con tres condutores. Amais deste dispositivo, previamente fixéronse labores de limpeza nos montes.

    Redacción Salnés