Os adxudicatarios das vivendas socias de Xarás acceden ás súas casas tras oito anos de espera

    entregavivendas.jpgRIBEIRA> O salón de plenos do concello de Ribeira acolleu o acto de entrega das dezaoito vivendas protexidas de Xarás en réxime de alugueiro. Ademais do alcalde ribeirense, Xosé Luís Torres Colomer, estiveron presentes o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo.

    {flowplayer}barbanza/vivendas1.flv{/flowplayer}

    Ás doce e media daba comezo o acto oficial de entrega das vivendas socias de Xarás. Dos dezaoito adxudicatarios en réxime de alugueiro tan só faltaba un ó que lle foi imposible achegarse ata o concello aínda que posteriormente si se desprazou ata a súa nova vivendo. O resto acudiron moi puntuais á cita que marcou o comezo da súa nova vida.

    Desculpas

    Os responsables do concello e da Xunta fixéronlle entrega das chaves das súas vivendas, polas que levan agardando case unha década. Precisamente, os responsables de ámbalas dúas administracións quixeron manifestar publicamente as súas desculpas polos retrasos acumulados por este proxecto que, en moitas ocasisóns, dependeron de factores externos.

    Opción de compra

    Os adxudicatarios en réxime de alugueiro pagarán entre 123 e 141 euros ó mes. A intención do Instituto Galego de Vivenda e Solo é modificar o decreto para que nun futuro os inquilinos poidan acceder á vivenda en réxime de propietarios.

    Precisamente, as vivendas que faltan por entregar son as tres adxudicadas en réxime de compra-venda posto que depende da concesión dos créditos por parte das entidades bancarias.

    Primeira visita

    Nada máis ter as chaves na man, a maioría dos adxudicatarios achegáronse ata as súas novas casas. Non querían perder nin un minuto para examinar con detalle o seu novo fogar e comezar a instalarse canto antes.

    {flowplayer}barbanza/vivendas2.flv{/flowplayer}O rebumbio que se rexistraba nas inmediacións das vivendas sociais de Xarás contrastaba co baleiro dos últimos meses, nos que as casas a pesar de estar rematadas permanecían deshabitadas por un retraso que os inquilinos non acababan de comprender.

    Este luns, case sen poder crelo, accedían de xeito definitivo ás súas casas nas que algúns xa comezarán a instalarse de contado. É o caso de Beatriz e os seus catro fillos que esta mesma tarde iniciaron a mudanza. Tamén Agustín e Mari Carmen agardaban a que os seus tres fillos saíran do colexio para que puideran coñecer a súa nova casa.

    Tras un primeiro exame, no que comprobaron o funcionamento de tódolos servizos, todos semellaban moi satisfeitos co estado das súas casas. O sentimento dominante durante toda a xornada foi a ledicia e a emoción por ver cumprido por fin un sono que tras anos de espera xa se lles antollaba inalcanzable.

    Redacción Barbanza