FECA e Porto de Vilagarcía abren un ‘fío conductor’

    VILAGARCÍA> ‘Abrir un fío condutor’, así definiu o presidente da FECA os motivos da súa visita á Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/FECA_PUERTO.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> ‘Abrir un fío condutor’, así definiu o presidente da FECA os motivos da súa visita á Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

    Jose Luís Vilanova estivo acompañado polo presidente do Porto Javier Puertas e por unha representación do seu equipo. O presidente deu a coñecer ó líder da FECA o plan estratéxico, as circunstancias que afectan ó porto e as vías de desenvolvemento establecidas. Vilanova agradeceu a Puertas a súa invitación e asegurou que estase a levar a cabo unha relación moi fluída.

    O presidente da Autoridade Portuaria sinalou a súa satisfacción pola colaboración coa FECA, afirmando que é moi próxima e moi intensa. Pola súa parte, o presidente da FECA asegurou que o porto é o buque insigne de Vilagarcía e que con Javier Puertas vai conseguir moitos éxitos.

    Puertas asegurou que é necesario que dende a Federación de empresarios deben transmitir as súas inquietudes e proxectos para colaborar nun gran desenvolvemento económico da ría.

    Redacción Salnés