A ILLA> Concello e Porto de Vilagarcía poñen en marcha ‘Libros a bordo’, un programa de lecer para nenos de 7 a 12 anos.
{flowplayer}images/salnes/club_nautica_lectura.flv{/flowplayer}
‘Libros a bordo’ é o nome do novo programa de actividades que organiza a biblioteca municipal da Illa de Arousa para nenos e nenas de entre sete e doce anos. Nesta ocasión, os cativos terán a oportunidade de coñecer a cultura mariñeira a través da lectura e participar nunha viaxe pola ría en barco.
Ademais, os participantes gozarán dunha excursión ó porto de Vilagarcía. O seu Presidente, Javier Puertas, aproveitou a ocasión para aplaudir esta iniciativa e recalcar que o importante que é a aprendizaxe dos nenos.
A partir do venres 2 de xullo, e ata agosto, os cativos da comarca poderán gozar dun verdadeiro entorno mariñeiro.
Redacción Salnés











