Inícianse os traballos de derribo da vivenda ilegal de Follente

    VIVENDA_FOLLENTECOPY.jpgCALDAS> Foi un conflito familiar o que propiciou esta situación. Aínda que se viviron momentos tensos, a familia non puxo impedimentos.

    {flowplayer}images/salnes/DERRUBAN_CASA_FOLLENTE.flv{/flowplayer}

    A sentenza era firme e hoxe fíxose efectiva. A primeira hora desta mañá os operarios encargados da demolición chegaron á vivenda, situada no lugar de Follente, na parroquia de Bemil, para comezalos traballos. Foron momentos de gran tensión pero a familia, que se atopaba arroupada por varios familiares, non puxo resistencia.

    Cabe lembrar que un conflito entre membros da propia familia foi o que propiciou esta situación ó denuncialos un curmán do pai de Mónica. O problema rematou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quen ditou a orde de derribo ó declarar que as obras de rehabilitación da vivenda se fixeran de maneira irregular.

    Pola súa banda, o xenro de Manuel Losada confesou que xa perdeu tódalas esperanzas no concello. Asegurou que lle facilitaron unha vivenda pero que non estaba en condicións para ser habitada.

    Esta familia de Caldas só confía agora en atopar un posto de traballo e superala situación que están a vivir.

    ‘Mala perceción’

    {flowplayer}images/salnes/REPOSTA_CONCELLO_CASA_FOLLENTE.flv{/flowplayer}  

    Ante o descontento da familia co concello quixemos falar co alcalde caldense, Juan Manuel Rey, para coñecela súa visión do acontecido. O rexedor local sinalou que se as declaracións en relación á súa xestión son certas, significa que a familia ten unha mala percepción da realidade.

    Palabras que foron compartidas pola concelleira de asuntos sociais, Socorro Tobío, quen ovacionou o traballo feito polos funcionarios do concello. Tanto o alcalde como a edil, destacaron que nos últimos dous meses visitaron ó redor de trinta vivendas e que a que lle facilitaron estaba en perfectas condicións.

    Con todo, este mediodía estaba previsto que a familia fose asinalo contrato para habitala vivenda pero non asistiron. Aínda así, o alcalde adiantou que os técnicos do concello xa están estudando a posibilidade de construír unha nova vivenda no terreo onde se está procedendo á demolición.

    Redacción Salnés