M.A. Blanco: ‘Os autónomos somos os maiores empregadores do estado’

    CONGRESO_AUTONOMOS_100_280610.jpg PONTEVEDRA> O presidente da CIAE participou no II Congreso de Autónomos de Galicia para avaliar a situación do sector e como  saír da crise.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRESO_AUTONOMOS.flv{/flowplayer}
     
    Son os maiores xeradores de emprego, pero tamén un dos sectores máis vulnerables ante os vaivéns da economía. Os autónomos concentran o 53 por cento dos asalariados en España e xestionan oito de cada dez empresas no país, a maioría pemes. Para avaliar a situación do colectivo nun momento de crise financeira, expertos e representantes da administración galega celebraron o sábado en Pontevedra o II Congreso de Autónomos de Galicia. A cita serviu tamén para facer fincapé nas necesidades máis urxentes do sector.
     
    Pero a unidade do sector e o traballo conxunto cos actores económicos debe complementarse coa colaboración da administración. Así o reiteraron os diferentes representantes da Xunta que interviron no congreso. Un entendemento que servirá para poñer en marcha medidas que impulsen o desenvolvemento do sector, como se está facendo coa entrada en vigor da directiva de servizos.
     
    Ó remate do congreso, a Asociación de Autónomos de Galicia procedeu á entrega de varios galardóns a destacados empresarios da comunidade, entre eles, Benito Leiro, designado polos comerciantes de Vilanova Centro pola súa longa traxectoria no sector. O mesmo recoñecemento obtivo Fernando Arenaz, por parte de Cambados Zona Centro. Julio Presas, antigo presidente de Entretendas, foi outro dos autónomos agraciados da comarca.
     
    Redacción Salnés