SALNÉS> Os barcos do Liceo Casino quedáronse coa mel nos beizos no Campionato de España de Platú 25. O Xacobeo 2010, de Ero Pons, foi segundo e o Mexillón de Galicia, de Carlos Paz, terceiro. A ambos superoulles o Bribón-Movistar, que completou moi boas actuacións o sábado e o domingo.
A un paso da victoria. Así se quedaron o Mexillón de Galicia e o Xacobeo 2010. Os Platú do Liceo Casino de Vilagarcía non pudieron coa embarcación local, o Bribón-Movistar, que finalmente foi a que se levou o título.
Foi despois dunha derradeira xornada na que tan só se disputaron dúas mangas, para completar as nove que se tiñan programadas. Ata onte pola mañá chegaban con opcións de alzarse co título as tres embarcacións, pero as cousas cambiaron moi cedo.
O primeiro en autodescartarse foi Ero Pons e o seu Xacobeo 2010. Unha mala saída relegáballe ós postos traseiros na primeira regata e iso condenáballe ó posto 21, que se viron na obriga de descartar. Mellor lle foron as cousas ó Mexillón de Galicia de Carlos Paz, que puido meterse entre os mellores e sumar un quinto posto que lle mantiña con posibilidades, aínda que escasas.
O Bribón, de Marc de Antonio, que dominou con autoridade dende o sábado, sumou un terceiro para acariciar un campionato que certificaría pouco despois cun primeiro posto na derradeira manga. Na loita pola segunda praza, na novena proba, o Xacobeo finalizou terceiro e o Mexillón sexto. Iso fíxolles empatar a puntos, así que o subcampionato foi para o barco de Ero Pons por ter acadado máis victorias parciais.
Punto e seguido e para os irmáns Paz, que por primeira vez nas súas catro participacións nos nacionais do Platú, non acadan o título. Agora tócalles viaxar a Sopot, en Polonia onde disputarán o Europeo de 49er. Logo volta ó Platú, co Campionato do Mundo en Alicante, do 16 ó 25 de xullo.
Redacción Salnés