O Vilalonga a seguir remontando a costa do Somozas

SALNÉS> Nesta xornada na Terceira División o Vilalonga xogará na casa ante o Somozas mentres que o Sanxenxo visitará o campo de As Pontes.

Tralas dúas victorias consecutivas, ante Betanzos e no derbi fronte ó Sanxenxo, o Vilalonga xa se sacou os nervos iniciais e mira con moito máis optimismo de cara ó futuro. Os de Gabi Leis non só sumaron os últimos seis puntos posibles senón que deron unha gran imaxe futbolística, sobre todo no partido de Baltar. Son sabedores ademais de que encaran un treito de calendario favorable no que será importante sumar puntos para chegar tranquilos ó mes de novembro no que se miden a Ourense, Alondras ou Cerceda, entre outros.

O Somozas é un rival que podería ser asequible para os celestes, de feito chegan penúltimos na xeral despois de ter sumado tan só dous puntos en cinco partidos.

Os Vilalonga-Somozas son partidos históricamente de moitos goles. En nove confrontacións na Terceira víronse 29 tantos e nunca perderon os locais.

Xusto por debaixo do Somozas camiña o Sanxenxo que é último na xeral. As sensacións que deixou ata o momento o cadro amarelo non foron boas e semella que lle está a custar adaptarse á nova categoría. Sen embargo en Baltar manteñen a calma sabedores de que nas últimas temporadas o equipo sempre foi de menos a máis.

Tentarán buscar o punto de inflexión no Poboado, ante As Pontes, undécimo na táboa con 6 puntos. Un conxunto capaz do mellor e do peor, perdeu ante Ferrol, Estradense e Betanzos, pero foi quen de vencer ó líder ó Vilalbés e ó Depor B con autoridade.

O único enfrontamente entre ambos na Terceira data da temporada 98/99 no que venceron os locais por 3-1.

Redacción Salnés