Vigo acolle a presentación oficial da Volta Ciclista a España

 VIGO> Vigo foi o lugar escollido para a presentación oficial en Galicia da 68 edición da Volta Ciclista a España, a Volta Rías Baixas-Madrid 2013; a gran proba do ciclismo español que, segundo aseguran os profesionais, …

{flowplayer}images/salnes/ptac_volta_vigo.flv{/flowplayer}

…este ano conta co percorrido máis duro dos últimos anos. Unha fase galega que levará a La Vuelta polos paraxes máis fermosos de Galicia, para que os visitantes e os telespectadores de medio mundo poidan seguir coñecendo “a Galicia real”.

A primeira etapa arrincará en Vilanova, nunha batea, para acabar así co descoñecemento que existe sobre estas plataformas flotantes de produción acuícola que tanto deron que falar á raíz da retransmisión do pasado verán; e que foi obxecto de bromas na propia gala de presentación. No acto de presentación tiveron marcado protagonismo os homes fortes do ciclismo español, especialmente o último campión de La Vuelta, Alberto Contador, quen lembraba a dureza desta proba nada máis ver as imaxes. Esta etapa inicial concluirá en Sanxenxo o 24 de agosto. A segunda etapa irá de Pontevedra ata o monte baionés de A Groba; deixando Vigo para a terceira etapa o luns 26 de agosto; día no que se desprazará o pelotón ata Vilagarcía. A cuarta etapa transcorrerá entre Lalín e Fisterra; e o quinto partirá de Melide ata Ponferrada, a través dos Ancares. Fará falla un gran esforzo para que os ciclistas sexan quen de completar estas etapas e mais aínda para quedar ben situados nas mesmas; un exemplo de fortaleza semellante ó que ben realizando o pobo galego ó longo da súa historia e máis aínda nestes tempos de crise.

O gaiteiro vigués Carlos Núñez será o encargado de poñer a banda sonora á Volta deste ano, cunha música que grazas ás novas tecnoloxías, estará composta con achegas do público.

Redacción Salnés