Alberto Blanco anuncia a creación da Fundación VCB

VILAGARCÍA> O vicepresidente da Deputación de Pontevedra , José Juan Durán, fixo entrega hoxe a Alberto Blanco e outros membros da directiva do Club de Baloncesto Vilagarcía, dunha axuda de 9.000 euros. Esta achega vai destinada á organización da Vilagarcía Basket Cup 2010. Ademais, Blanco anunciou a constitución dunha Fundación que rexirá o torneo e os eventos que ó seu amparo se organizan.

{flowplayer}images/salnes/SUBVENCION_290610.flv{/flowplayer} 

Deputación de Pontevedra e Club Baloncesto Vilagarcía reafirmaron hoxe o seu compromiso de seguir traballando polo basket arousán. José Juan Durán fixo entrega esta mañá, nas novas depedencias do club, dunha achega de 9.000 euros que irá destinada a sufragar os gastos derivados da organización da última Vilagarcía Basket Cup.

Ademais, Alberto Blanco anunciou a inminente creación da Fundación Vilagarcía Basket Cup, que rexirá a organización do torneo.

Por outra banda, a finais desta semana comezarase a coñecer detalles da Basket Camp. O que si está confirmado é a organización do segundo partido das estrelas, que será o domingo no pavillón Rúa Castelao a partires das sete da tarde.

Redacción Salnés