POBRA> Deporte e solidariedade volverán a ir da man na Pobra, coa celebración da terceira edición da Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes.
A proba, presentada esta mañá no Concello, está organizada pola Asociación Anedia.
Terá lugar o sábado 27 de xullo, a partir das oito e media da tarde na zona comprendida entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial.
Nesta ocasión, a carreira terá tamén algunha que outra novidade, xa que a organización decidiu incorporar o factor da sostibilidade.
Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de iniciativas, coas que o goberno local ten un enorme compromiso, animando á veciñanza a participar nela, co fin de superar os trescentos inscritos.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 24 a través da web www.carreirasgalegas.com.











