Os afectados polas melloras na AC-550 esixen á Xunta información sobre as expropiacións previstas

    xuno.jpgPORTO DO SON> Os veciños afectados polo proxecto de mellora da seguridade na estrada AC-550 ó seu paso pola parroquia de Xuño concentráronse  en protesta pola falla de información relativa á actuación que a Xunta ten previsto acometer. Esixen que os técnicos do servizo autonómico de Infraestruturas se despracen ata a zona para explicarlles os detalles da obra e os terreos que teñen previsto expropiar.

    {flowplayer}barbanza/expropiacionsxuno.flv{/flowplayer}

    A indignación apoderouse dos veciños do núcleo de Carballido, na parroquia sonense de Xuño, ó ver as marcas realizadas polos técnicos da Xunta delimitando as zonas de actuación afectadas polo proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-550. E non é porque os veciños estean en contra desta actuación, que si consideran necesaria, senón porque ata o momento non recibiron información algunha sobre que e como se pretende facer nin que parte dos seus terreos terá que se expropiada.

    Polo momento, tan só tiveron ocasión de ver os planos expostos pola Consellería segundo os cales se verían afectados numerosos peches e muros que lindan coa estrada.

    Xunto ós veciños afectados tamén estivo o alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, quen explicou que dende o concello xa teñen solicitado á Xunta o proxecto técnico para estudar en detalle a actuación.

    Expropiación forzosa

    De momento, os afectados está citados para os días 12 e 13 de xullo na casa consistorial para presentar a documentación das súas propiedades pero descoñecen aínda a porcentaxe a expropiar. Á espera de recibir notificación por parte da Xunta non descartan seguir mobilizándose nos próximos días.

    Redacción Barbanza