19 empresas presentaron ofertas para a construción da futura lonxa

    licitacionlonxa_300610.jpgRIBEIRA> A nova infraestrutura conta cun orzamento próximo ós dezaseis millóns de euros divididos en catro anualidades.

    {flowplayer}barbanza/ofertaslonxaribeira.flv{/flowplayer}

    Dezanove firmas concorreron ó proceso de licitación mediante concurso público para a redacción e construción da futura lonxa de Ribeira. O proxecto conta cun orzamento de execución de 15.700.000 euros dividios en catro anualidades, de xeito que no presente ano achegaranse cincocentos mil euros, en 2011 e 2010 cinco millóns en cada aunailidade e no 2013 5.200.000 euros. As futuras instalacións construiranse no recheo anexo ó Club Náutico. Constarán de tres plantas: un semisoto destinado ó aparcamento, unha planta baixa que albergará a fábrica de xeo, as áreas de exposición, venda, subasta e expedición, cuartos de exportadores, oficinas e aseos. O primeiro andar acollerá o laboratorio, oficinas e cafeterías. Coa execución deste proxecto, Portos de Galicia fomentará unha maior operatividade nos peiraos da zona que comprende a futura lonxa, a posta en valor e explotación das instalacións, e o desenvolvemento das áreas próximas ao edificio e do porto en xeral. Farao a través dunha mellora na circulación rodada e na comercialización e tamén mediante a integración e protección medioambiental do entorno, do control de accesos e aparcamentos e da ordenación da actividade e instalacións da lonxa.

    Redacción Barbanza