RIBEIRA> Mañá comezan as festas patronais de Ribeira, nas que a orquestra Panorama será a gran invitada. Catro días de festexos nos que haberá actividades para tódolos públicos e a tradicional procesión na honra de Santa Uxía.
Despois de dous anos, Ribeira estrea festivo local o vindeiro 12 de setembro para desfrutar do día grande da vila. E con el, mañá chegan unha renovadas Festas de Santa Uxía.
Catro días de festexos nos que haberá actividades para tódolos públicos e nos que sen dúbida hai unha gran protagonista, a actuación mañá mércores da orquestra Panorama.
O xoves terá lugar a tradicional procesión na honra da virxe de Santa Uxía. Polo que dende o executivo quixeron animar á xente a participar nela.
As festas rematarán o domingo, día no que haberá contacontos e un espectáculo teatral infantil para os máis pequenos.