As Telleiras II formará a 36 desempregados maiores de 25 anos

    CAMBADOS> Un total de 36 parados de máis de 25 anos recibirán formación durante un ano no Obradoiro de Emprego de Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/telleiras300610.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Un total de 36 parados de máis de 25 anos recibirán formación durante un ano no Obradoiro de Emprego de Cambados.

    A dirección, alcalde e delegado territorial da Xunta presentaron hoxe o proxecto, denominado As Telleiras II. A consellería de Traballo dedícalle un investimento de 800 mil euros, mentres que o Concello destinará uns 400 mil en materiais.

    As Telleiras II formará ós seus alumnos nas especialidades de albanelería, carpintería, así como xardinería e medio ambiente. Amais de teoría, tamén terán oportunidade de facer obras no municipio, como continuar coa recuperación iniciada o pasado ano nas Telleiras do Facho.

    Tamén mellorarán os centros socio culturais de Couto e A Balada, traballarán na urbanización de rúas e prazas do casco urbano, ademais de eliminar barreiras arquitectónicas. O mantemento do Monte da Pastora e a recuperación da ribeira do río Umia e do complexo Umia – O Grove, tamén forma parte do plan de traballo deste obradoiro.

    Ademais de darlle a benvida ós novos alumnos, as autoridades pedíronlles que se tomen con moito ánimo este curso, no que obterán unha formación para conseguir un emprego de calidade.

    Redacción Salnés