Concello de Boiro e traballadores asinan a nova RPT tras ano e medio de negociacións

BOIRO> O goberno de Boiro chegou a acordo co comité de empresa para o a modificación da Relación de Postos de Traballo. A nova RPT inclúe a actualización salarial de tódolos traballadores á que se destinará preto dun millón de euros.

Tras meses de negociacións, o executivo de Boiro chegou a un acordo cos traballadores para a modificación da RPT. A nova proposta, que deberá ser ratificada en pleno, implica unha serie de cambios nos organigramas e funcións así como unha suba salarial coa actualización dos soldos de tódolos traballadores municipais. O concello destinará un millón de euros para facer fronte a este incremento.

Este acordo, apoiado por preto do 80 por cento dos traballadores na asemblea xeral, chega despois dun longo proceso de negociación entre o goberno local e o comité de empresa xunto cos departamentos de secretaría, intervención e persoal. Coa aprobación da RPT,o concello cumpre o compromiso adquirido cos traballadores que xa iniciara a pasada lexislatura coa consolidación de máis dun cento de postos de traballo.

Dende o goberno traballarán para axilizar ó máximo os trámites e informes pendentes para poder levar a pleno canto antes a nova RPT.