VILAGARCIA> Dende hai cousa dun mes, chamar por teléfono fixo na zona da Escardia, en Vilagarcía, pode converterse nunha auténtica odisea. Os vándalos cortaron os cables, aproveitando a deficiente instalación, que vai polo chan. Esa falcatruada deixou daquela a un milleiro de usarios sen servizo. A día de hoxe, unhas 8 familias seguen sen poder chamar por teléfono nin conectarse a internet. O único que reciben na casa, iso si, son as facturas.
Polo chan, atado a unha reixa ou enredado pola varanda dunha ponte. Así está o cable do teléfono na rúa da Escardia, en Vilagarcía.
Hai anos que o servizo chega ás casas desta zona a través desta peculiar instalación. Os cables, van a rentes do chan, ó alcance dos nenos e tamén dos vándalos. Hai cousa dun mes, alguén cortou o clable, deixando sen servizo a un milleiro de veciños. A compañía telefónica arranxouno ás présas, deixando sen servizo a unhas 8 casas.
Maruxa, que está a piques de dar a luz, quéixase de non ter nin teléfono nin conexión a internet. Ela é clienta de Vodafone, empresa que se desentende porque, di, a liña non é súa. Sen unha estimación de cando podería quedar resolto o problema, o único que chega á casa desta muller son as facturas.
Máis alá da avaría, na zona denuncian a precaria instalación telefónica. Aseguran que os cables van polo chan e pendurados da ponte dende hai anos. Hai veciños que nos aseguran que dende que construíron esta ponte por riba das vías do tren.
Esíxenlle a Telefónica que instale na zona un tendido “normal”. Din que polo de agora non foron protestas ó Concello, pero non descartan petar na porta de Ravella se, de novo, desatenden as súas peticións.