Nova cita cos Viños de Autor en Meaño

    MEAÑO> Os viños de autor volverán reunirse este ano en Meaño. A Asociación de adegas artesanas organiza un ano máis esta cita, todo un clásico para os amantes do viño. Neste 2016 cumprirá 19 anos, a pesares das dificultades debido aos recortes no apoio institucional.

     

    Durante catro días os viños de autor serán os protagonistas da vida meañesa. O 22 de xullo o Encontro co Viño de Autor volverá abrir o pano por décimo noveno ano consecutivo. Farao a pesares das dificultades polas que pasan as pequenas adegas organizadoras.

    Pero coa vista xa posta no vixésimo aniversario, este ano volverán levar os seus caldos á praza do concello. Nos stands poderán adquirirse botellas por 7 euros e copas a un euro 50, os mesmos prezos que o ano pasado. Tamén haberá un Túnel do Viño.

    No programa deste ano haberá dúas novidades. Por unha banda, a primeira Carreira Popular organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, que será o día 24. Para o 25, preparan un showcooking.

    O campionato de debullar millo a man e o de fondar barriles non faltarán nesta edición. Tampouco a música, con actuacións a diario para amenizar a festa. 

    A festa arrincará o día 22 a partires das nove e media da noite, co pregón de Brais Fernández, coñecido como Falcón Branco.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/festa_vino_autor.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/festa_vino_autor.mp4{/flowplayer}