Ribadumia organiza catro rutas de sendeirismo polo Concello

    RIBADUMIA> O último sábado de cada mes o Concello de Ribadumia organiza unha ruta de sendeirismo por distintas localizacións turísticas deste…

    {flowplayer}images/salnes/rutas_a_pe_ribadumia.flv{/flowplayer}

    … entorno. A saída terá lugar sempre ás 10 da mañá desde as portas da Casa Consistorial. A partir de aí os asistentes poderán desfrutar de camiñatas de tres horas de duración.

    A primeira das rutas terá lugar o vindeiro sábado 28 deste mes, e levará ós asistentes pola senda fluvial do río Umia, desde Barrantes ata Pontearnelas. As seguintes rutas sucederanse polo xacemento do Monte do Castro, a Ruta da Pedra e da Auga e no Monte de San Cibrán, por Barrantes e Couto de Arriba. O obxectivo é que tódolos veciños coñezan sobre o terreo as excelencias do Concello no que residen. Tamén poden asistir cidadáns doutros concellos da contorna. A participación é de balde, só hai que apuntarse no Concello antes do venres anterior á ruta.

    Redacción Salnés