Barrantes acolle, esta fin de semana, a 5ª edición do torneo de xadrez

plantilla_deportes_xadrez_copy.jpgRIBADUMIA> Nesta ocasión participan 200 rapaces de entre 4 e 16 anos de toda Galicia, o dobre que o ano pasado. Esta mañá, presentouno a alcaldesa Salomén Peña, xunto co vicepresidente do Club Fontecarmoa.

{flowplayer}images/salnes/XADREZ.flv{/flowplayer}

Nesta quinta edición do torneo, volveranse reunir no concello de Ribadumia os mellores xadrecistas galegos nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín e promesa, que combinarán o seu xogo con representantes de toda a comarca. Entre os inscritos, destacan alumnos da Escola Municipal de Xadrez de Ribadumia, do club Fontecarmoa de Vilagarcía, rapaces de Pontevedra, Marín e Santiago, entre outros. O sistema de xogo, é de sete roldas de 20 minutos por xogador.

Os cinco primeiros clasificados de cada categoría, recibirán un trofeo, pero dende o Concello de Ribadumia entregarase un agasallo.

Para a organización do evento, o concello conta coa colaboración do club de xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Xadrez. Segundo Salomé Peña, o obxectivo é potenciar este deporte tan popular.

O quinto torneo de Xadrez Concello de Ribadumia e Comarca do Salnés é a sétima proba puntuable do circuíto Galego Escolar, que está composto por 17 sedes.

Redacción Salnés