O mildiu provoca perdas dun 15% na colleita de albariño

    SALNÉS> O mildiu provocou nos últimos días perdas entre o 10 e o 15 por cento nas plantacións vitícolas da provincia de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/mildiu.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> O mildiu provocou nos últimos días perdas entre o 10 e o 15 por cento nas plantacións vitícolas da provincia de Pontevedra, segundo datos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, da Deputación. Na zona do Salnés houbo viñedos que incluso chegaron a perdas do cincuenta por cento.

    As choivas de primeiros de xuño, seguidas de néboas e cambios bruscos de temperaturas propiciaron a aparición deste fungo. Os técnicos advirten que as uvas afectadas xa son irrecuperables pero insisten en seguir cos tratamentos fitosanitarios para salvar o resto dos acios que seguen sans.

    Amais do mildiu, os viticultores teñen que estar atentos agora a outro fungo, o oidio, xa que as temperaturas altas destes días son propicias para a súa aparición. As perdas actuais por mor do mildiu mermaron unha colleita que prometía ser boa.

    A Deputación de Pontevedra anunciou que a vindeira semana inaugurará unha nova Estación Metereolóxica en Vilanova, na finca Pazo Baión, da adega Condes de Albarei. Ademais, en breve, o organismo provincial presentará un proxecto, cofinanciado pola UE, para loitar contra o Mildiu e outras pragas e para a correcta aplicación dos productos fitosanitarios.

    Redacción Salnés