![]()
MEIS> O concello de Meis recupera esta fin de semana a antiga Feira Nova de Mosteiro. A praza de España vestirase de época o domingo …
{flowplayer}images/salnes/feira_labrega_ptac.flv{/flowplayer}
MEIS> O concello de Meis recupera esta fin de semana a antiga Feira Nova de Mosteiro. A praza de España vestirase de época o domingo para celebrar a terceira edición da Feira Labrega, que organiza a asociación xuvenil Cabemeis, coa colaboración dos veciños e do Concello.
Estes días ultímanse os preparativos para poder revivir o esplendor que tivo esta feira do século dezanove. A organización pretende ofrecer un día festa pero tamén que os máis novos do municipio poidan recrear unha feira que se celebraba hai cen anos e que daquela era unha das máis importantes de Galicia.
A Feira Labrega arrancará este domingo a partir das dez da mañá e vén a ser o preludio das festas patronais de San Bieito.
Redacción Salnés







