Augas de Galicia prepara o saneamento da marxe esquerda da Ría arousá

    saneamento_ria_copia100.jpgSALNÉS> Augas de Galicia adxudicou o servizo para a redacción do Plan de Saneamento por 740.000 euros. Os traballos a desenvolver levaranse a cabo en seis fases distribuídas ó longo de 16 meses.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_SANEAMENTO_RIAS.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, investiu máis de 2 millóns de euros na redacción da totalidade do plan de Saneamento na Ría de Arousa. O pasado mes de febreiro, Augas de Galicia, adxudicou a redacción da marxe dereita da ría por máis de 1,3 millóns de euros, polo que a nova actuación ven completar a anterior.

    Un dos obxectivos primordiais da Consellería de Agustín Hernández, é acadar o bo estado das augas das rías galegas no ano 2015. En consecuencia, e cumprindo co Plan de Infraestruturas Hidráulicas, é apremiar a posta en marcha do Plan de saneamento da ría de Arousa, que contará cun prazo de execución total de 16 meses.

    A Administración Hidráulica de Galicia, elixe a ría de Arousa como primeira zona de estudo, debido á relevancia que esta ten dende o punto de vista económico, social e turístico. Outra das razóns que xustifican esta decisións, é o importante deterioro da calidade das súas augas, e a representatividade dos núcleos de poboación dentro da Comunidade Autónoma.

    Os traballos a desenvolver, realizaranse a través de 6 fases. Na primeira, identificarase as zonas marisqueiras, as de baño, e as áreas de especial protección ambienta. Na segunda, realizarase a avaliación do impacto dos alivios e vertidos na ría, e na terceira, a campaña de aforos de caudais e analíticas de auga. Na cuarta, farase unha modelización da rede de saneamento, e na quinta, a elaboración de propostas de actuación. Por último, planificarase e priorizarase as actuacións e os investimentos.

    As actuacións resultantes destes dous plans, irán encamiñadas a adaptar as redes de colectores existentes e estacións de bombeo, ás depuradoras de augas residuais actuais, a través de técnicas de drenaxe urbano sostible.

    Redacción Salnés