Multitudinaria acollida á virxe das cabezas a pesar da choiva

    cabezas100_240308.jpgMEIS > A romaría da Virxe das Cabezas na Armenteira celebrouse hoxe entre unha multitude de xente que non se quixo perder …

    …a oportunidade de amosarlle a devoción a esta virxe tan veneradas. O mal día que se presentou non desluciu unha festa na que non faltou a tradicional procesión, a boa gastronomía pero sobre todo o bo humor. A romaría da Virxe das cabezas volveu a romper con tódolos presaxios en canto a choiva se achega.

    Eran centos as persoas que dende pola noite empezaron a chegar andando á Armenteira no municipio de Meis, principalmente porque na víspera ten lugar coma tódolos anos unha gran festa para a Xuventude. Xa polo día toca cumprir coa devoción e visita-lo monasterio circense, aínda que algún preferiu a diversión a xulgar pola festa que aínda lles duraba dende a noite. A boa gastronomía tamén foi unha das grandes protagonistas na Armenteira. O bo comer e o bo beber non se lle escapa a ninguén.

     Xa máis tarde tódolos seguidores da virxe das cabezas secundaron a procesión que recorreu as inmediacións do monasterio. a imaxe da virxe das cabezas é unha das veneradas da comarca do Salnés, unha santa moi milagreira.

    A diversidade de postos ambulantes que se congregaron este ano, moi numerosos este ano facían da romaría tradicional, un lugar para gozar coa familia e os amigos dun día para compartir. Xa que unha vez o ano non fai dano

     

    Redacción Salnés