Interceptado en Cambados o líder opositor venezolano, Leopoldo López, saltando o peche perimetral de Galicia

CAMBADOS> O líder opositor venezolano, Leopoldo López, interceptado en Cambados saltando o peche perimetral de Galicia. Foi localizado na praza de Fefiñáns, canda a súa familia e uns amigos, tomando algo nunha terraza dun bar. Procedían de Madrid, onde teñen fixada a súa residencia dende hai un ano.

A Policía Local, nun control rutineiro, solicitoulle un documento identificativo. O líder opositor presentoulle un salvoconduto que, segundo fontes consultadas, carece de validez, ao tratarse dun desprazamento non xustificado e de carácter privado. Os axentes da Policía Local tramitaron contra el unha proposta de sanción.

Fontes do Concello de Cambados amósanse sorprendidos coa noticia. Destacan o bo facer da Policía Local, indicando que o cumprimento das restricións polo coronavirus afectan a todos por igual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí