CAMBADOS> Unha oitoxenaria consegue fuxir ilesa dun incendio na súa vivenda en Cambados. O lume declarouse pasadas as 6 e media da mañá no baño do piso da rúa Novidade, posiblemente orixinado por un quentador eléctrico. A pesares de que foi necesario evacuar o edificio, non houbo que lamentar danos persoais.
Pasadas as 6 e media da mañá a Policía Local de Cambados recibía os primeiros avisos. Un lume declarárase nunha vivenda da rúa Novidades, provocando unha intensa fumareda.
Aínda que se traballa para determinar a orixe das lapas, todo apunta a que comezaron no baño da vivenda. En concreto, nun quentador situado próximo á porta.
Pola acción das lapas a vivenda quedou inhabitable.
Dende o departamento de Servizos Sociais do concello buscaron un hotel para que a muller puidera aloxarse. Mentres, traballan para atopar unha solución máis a longo prazo.
Para Tino Cordal, o envellecemento da poboación fará necesario que a Xunta tome medidas para evitar que se dean con maior frecuencia este tipo de situacións.