David Civera, La Sonrisa de Julia e M3, estrelas do Festival da Ameixa

festival_ameixa_060710.jpgPOIO> As propostas musicais para a fin de semana completaranse cos sons folk do Festival Internacional de Folclore.

{flowplayer}images/salnes/FESTIVAL DA AMEIXA.flv{/flowplayer}

O Festival da Ameixa, que acolle o concello de Poio por segundo ano consecutivo, terá lugar o próximo venres con David Civera encabezando cartel. Este compartirá escenario co grupo vigués M3 e Sonrisa de Julia. O encontro celebrarase na praza da Granxa en Campelo, a partir das once da noite.

Pola súa parte, o domingo celebrarase a décimo segunda edición do Festival Internacional de Folclore de Poio, nesta ocasión no Peirao de Raxó a partir da dez e media da noite. Un grupo da república rusa e outro procedente da bretaña francesa configuran o cartel deste Festival.

Estes dous festivais responden ó interese do concello de Poio por ofrecer un verán cheo de actividades que poidan atraer a visitantes á vila. Ademais, que os propios veciños poidan gozar dun verán o máis completo posible.

Esta fin de semana de actividades complétase coa concentración de motos que o concello de Poio acollerá os días nove dez e once.

Redacción Salnés