A elite do remo galego darase cita este xoves en Cabo de Cruz

BOIRO> Cabo de Cruz acollerá este próximo xoves, 25 de xullo, o Campionato Galego de Traíñas, nas categorías absoluta masculina e feminina. Sete embarcacións en mulleres e 16 en homes loitarán por facerse co entorchado autonómico.

A enseada do porto crucense acollerá este próximo xoves o Campionato Galego de Traíñas en categoría absoluta. A cita, presentada esta mañá no concello de Boiro, reunirá a un total de 23 embarcacións, 16 en categoría masculina e 7 na feminina. A proba está organizada polo Club anfitrión, o Club de Remo Cabo de Cruz e a Federación Galega de Remo.

De Boiro sairán os clubs clasificados para o Campionato de España, tanto masculinos coma femininos, que se celebrará próximamente tamén en augas galegas, concretamente en Meira.

Na regata feminina tomarán parte Cabo de Cruz, Mugardos, Tirán, Mecos, Náutico de Riveira, Perillo e Chapela, mentres que na masculina remarán Cabo da Cruz, Mugardos, Ares, Muros, Samertolameu, Tirán, Coruxo, Rianxo, Bueu, Vila de Cangas, Mecos, Chapela, Esteirana, Cabana-Ferrol, Cesantes e Vilaxoán.