Xa son catorce os detidos na ‘Operación Repesca’

    operacion_repesca copy.jpgVILAGARCÍA> Entre os imputados por presunto branqueo de capitais atoparíase o patriarca do clan dos Charlines, Manuel Charlín, e a súa dona.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_REPESCA.flv{/flowplayer}

    Os concellos da Illa, O Grove e Vilanova convertíanse onte no obxectivo de varios rexistros policiais levados a cabo pola Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional e axentes de Aduanas. O resultado, catorce persoas detidas por presunto branqueo de cartos procedentes do tráfico de estupefacientes, todos eles vinculados ó coñecido clan dos Charlines. Cando quedaría pouco máis dunha semana para que o patriarca do grupo, Manuel Charlín, abandonase o cárcere de A Lama, onte eran trasladados á comisaría de Vilagarcía os seus fillos Óscar, Melchor, Teresa e Manolo Charlín, xunto a Natalia Somoza e Noemí Outón, netas do patriarca. Pero tamén, e segundo apuntan algunhas informacións, o propio Manuel Charlín, a súa dona e a filla maior estaría implicados no delito, de xeito que, a menos que a xuíza María Almudena Janeiro decrete a súa liberdade, Manuel Charlín non deixaría a prisión nos vindeiros días.

    A redada levada a cabo na ‘Operación Repesca’ saldouse polo momento coa incautación de numerosa documentación, o embargo de 58 inmobles e o bloqueo de varias contas bancarias en distintos países por valor de 3 millóns de euros.

    Esta é a segunda gran investigación que a Fiscalía Antidroga realiza sobre o patrimonio da familia Charlín. Iniciouse no 2008, cando Natalia Somoza, neta de Manuel Charlín e unha das detidas onte, presentou 800 mil euros nos xulgados do social de Pontevedra para recuperar varias propiedades que se lles incautaran. Ó indagar de ónde procedían eses 800 mil euros, os axentes descubriron que foran resultado da venda duns terreos ó empresario Ramón Rodríguez, tamén apresado onte.

    Redacción Salnés