![]()
CAMBADOS> Esta fin de semana péchase a primeira fase da Liga EBA. O Estableciminetos Otero deprázase a Ourense xa cos deberes feitos e tentando manter as boas sensacións deixadas a fin de semana pasada ante o Recinor Ferrol.
{flowplayer}images/salnes/Xuven_290312.flv{/flowplayer}
O Xuven sigue afinando o seu estado de forma para chegar en plenas facultades ó inicio do playoff, que xa saben que lles enfrontará co Torrelavega. As sensacións non poden ser mellores despois dunha primeira fase na que tan só perderon un encontro dos 19 que disputaron e tras derrotar hai cinco días ó segundo clasificado do grupo, o Recinor Ferrol, con moita suficiencia.
O único problema que se lle presenta a Yago Casal é a recuperación de dous homes importantes no xogo exterior, Manu Fernández, que apura a súa volta por un golpe nunha costela e Juanchi Orellano, que por mor dunhas molestias nun xemelgo non puido estar ante o Ferrol.
Este sábado visitan ó Ourense Capital Termal, un equipo que é terceiro pola cola e que contabiliza tres derrotas consecutivas. Rubén Fernández é o seu mellor home, un ala-pívot que xogou en Leb Ouro ata hai dúas temporadas e que é o cuarto mellor xogador da liga en valoración.
Os cambadeses saben da súa superioridade e non viaxan nin moito menos confiados, conscientes de que o seu traballo é seguir gañando partidos.
Redacción Salnés








