Os adxudicatarios de Xarás protestan polos pagos adicionais para conectar a luz e a auga

    xaras.jpgRIBEIRA> Os inquilinos das vivendas sociais de Xarás deberán afrontar unha serie de pagos derivados da conexión dos servizos de auga e luz e a contratación de seguros que ascende ó redor de seiscentos euros. Dende o concello buscarán unha fórmula para aliviarlle esta carga económica a través do pago fraccionado.

    {flowplayer}barbanza/queixasxaras.flv{/flowplayer}

    Tan só quince días despois de recibir as chaves das súas casas, os adxudicatarios das vivendas de promoción pública de Ribeira volven recibir malas novas. Os gastos que deberán asumir, en concepto da contratación dos servizos de auga e luz así como unha serie de seguros obrigatorios ascenden a máis de seiscentos euros, unha contía que moitas familias non poden asumir.

    Apoio do concello

    Para facer fronte a estes gastos puxéronse en contacto co concello que se comprometeu a buscar unha saída que podería ser o pago aprazado en varias cotas.

    Deficiencias

    A pesar de que están bastante satisfeitos co estado das vivendas, dende que entraron a vivir os veciños detectaron algunhas deficiencias que xa recolleron nun escrito que lle farán chegar ó Instituto Galego de Vivenda e Solo.

    De momento, agardan contar co apoio da administración local para afrontar un desembolso que sumado ó aluguer do piso supón un esforzo económico moi difícil de asumir.

    Redacción Barbanza