Durán: ‘A dos Raposiños é unha proba máis da deixadez do equipo de goberno’

POBRA> A praia dos Raposiños volve estar aberta hoxe o baño, despois de que o concello da Pobra se vira obrigado no día de onte a efectuar o seu peche debido a un brote contaminante.  As contraanálises realizadas na xornada de hoxe pola consellaría da Sanidade confirmaban xa a boa calidade das augas.

Foi persoal do propio Concello o que se encargou de retirar este mediodía o panel informativo que desaconsellaba o baño no areal.

Os niveis volven a ser os habituais, polo que non supoñen ningún perigo para a saúde das persoas.

Dende o goberno municipal apuntaban a que se debeu a un feito puntual producido por unha vertedura de augas fecais, cuxa orixe será investigada.

O Partido Popular non tardou en saír ós medios para denunciar este episodio de contaminación vivido na praia dos Raposiños e que obrigou a pechar ó baño este areal. Para o voceiro desta formación, Manuel Durán, é un exemplo máis do abandono no que o goberno local ten sumido ó municipio.

Pero as críticas do Partido Popular foron máis alá. Os populares denunciaron a deixadez do goberno que a día de hoxe aínda non foi capaz de sacar adiante algunha medida de apoio ós veciños e empresarios e autónomos a consecuencia da chegada da crise sanitaria.

Os populares tamén recollen as queixas dos pais con nenos escolarizados na escola unitaria da Angustia, ós que lle prometeron o pasado ano unha serie de actuacións de mellora como é o caso da substitución das fiestras e illamento do edificio, pero que a día de hoxe non se realizou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí