O foro das mancomunidades senta as bases para futuras negociacións

    begoarodriguez_100_160307.jpgCAMBADOS > O I Foro de Mancomunidades de Galicia serviu, segundo as conclusións dos participantes para senta-las bases para empezar…

    …a traballar na delimitación das competencias destas institucións e na busca de financiación. Jorge Domínguez, alcalde de Meaño e presidente da Mancomunidade do salnés exerceu de anfitrión a alcaldes de toda Galicia.jorgedominguez_200_160307.jpg

    O parador de Cambados acolleu durante dous día a alcaldes e xerentes das fundacións comarcais de toda Galicia. Este mediodía clausurouse o I Foro de Mancomunidades de Galicia no que en conclusión se fixo unha diagnose das deficiencias das mancomunidades e establecéronse os piares para se poñer a traballar na busca de solucións, tanto en materia de competencias como de busca de financiación.

    Respaldo

    A directora Xeral de administración local da Xunta, Begoña Rodríguez, resaltou a importancia destas institucións ó sinalar que só o 16 por cento dos concellos galegos non están adscritos a ningunha mancomunidade. Rodríguez aproveitou a clausura do acto para solicitar que se teña presente sempre a finalidade última das mancomunidades.

    O alcalde de Meaño e presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez, transmitiu o seu desexo de que este primeiro foro non sexa o derradeiro e valorou moi positivamente a experiencia.

    Redacción Salnés