![]()
VILAGARCÍA> A Praza de Galicia, acolleu esta mañá un bautismo de basket para todos aqueles que quixeron probar sorte tirando a canastra. A iniciativa parte da Vilagarcía Basket Camp.
{flowplayer}images/salnes/BAUTISMO_BASKET.flv{/flowplayer}
¿Quén dixo que meter canastra era fácil? Esta mañá, o puideron comprobar as decenas de curiosos que quixeron participar no bautismo de basket para adultos posto en marcha pola Vilagarcía Basket Camp. Todos os que pasaron pola praza de galicia non dubidaron en probar sorte. Mulleres, homes, e ata un rapaz de 5 anos, quixeron mostrar as súas destrezas cun balón nas mans. O obxectivo, era poñer o baloncesto na rúa e que a xente se familiarice con este deporte.
Os menos experimentados contaron coa axuda do xogador do Unicaja Carlos Suárez, que explicoulles os trucos necesarios para encestar. E como animador por excelencia Pepo Suevos.
Incluso a concelleira de Deportes vilagarciá se animou a participar, con pouco atino pero tomando nota das explicacións.
Dende a Basket Camp están moi satisfeitos coa gran acollida entre os rapaces. Hai 200 nenos apuntados a esta actividade, que cada ano se vai consolidando xunto co torneo Vilagarcía Basket Cup.
Redacción Salnés









