O BNG levará ó Parlamento o debate sobre o Centro Comercial de Vilanova

    bng_centro_comercial_deiro copy.jpg VILAGARCÍA> Os nacionalistas tratarán así de frear un proxecto que consideran innecesario para a comarca.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}
     
    A oferta comercial no Salnés é variada e responde á demanda dos consumidores, ou incluso nalgúns casos, sobrepásaa. Este é o argumento que esgrimen desde o BNG para opoñerse á construcción do Centro Comercial de San Miguel de Deiro. Para iso, intentarán mobilizar á sociedade do Salnés fomentando o debate sobre o proxecto nos distintos concellos da comarca, respaldando, como fixeron xa en A Illa, o escrito en contra promovido polo Consorcio. Pero van máis aló. Queren que un proxecto desta magnitude se debata tamén no Parlamento, pois ó seu entender, este tipo de áreas comerciais están en desuso e acabarán por afogar o pequeno comercio
     
    Desde o BNG aseguran tamén que a oferta realizada polos promotores do proxecto ós comerciantes locais: trasladar ó seu negocio á macroárea cunha rebaixa de ata o dez por cento no prezo da superficie que ocupen, non será factible. O
     
    s nacionalistas propoñen como alternativa que se poñan en marcha plans de revitalización dos cascos urbanos e se inxecte liquidez ás pequenas empresas, coa fin de impulsar os comercios locais e a economía dos municipios do Salnés.
     
    Redacción Salnés