SALNÉS> Onte celebrouse a edición número 47 da Travesía a Nado Porto de Vilaxoán. Máis dun centenar de participantes tomaron parte neste proba na que o máis rápido foi Francisco Javier García.
Asociación Cultural e Marítima de Vilaxoán, Fundación Municipal de Deportes e Club Natación Vilagarcía, uníronse un ano máis para a organzación da Travesía a Nado Porto de Vilaxoán, que vai xa pola súa edición número 47. Desta volta foron 110 os deportistas que se tiraron ó mar para percorrer as diferentes distincias marcadas pola organización: 800 metros para os nados en 1998 e anos posteriores, e 1.800 para os que fixeron en 1997 ou antes.
Nesta categoría, na absoluta, o triunfo foi a parar a mans de Francisco Javier García, que finalizaou por diante de David Lata e Pablo Roi, que remataron segundo e terceiro, respectivamente. Precisamente David Lata levouse o primeiro premio na categoría de 13 a 15 anos.
Laura Pimentel foi a vencedora no femenino absoluto superando en liña de meta a Sandra Presas e Laura Balsa, que foi terceira. Esta última proclamouse vencedora na categoría de 13 a 15 anos.
Entre os pequenos o mellor foi Martín Cañete mentres que nas rapazas a máis rápida foi Paula Gayones. Nesta categoría A, o primeiro deportista local en traspasar a liña de meta foi David Chapela.
A entrega de trofeos celebrouse no parque de Dona Concha, nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra José Juan Durán e a presidente da Fundación de Deportes Victoria Hierro. Xunto a ales tamén estiveron os edís Xosé Castro Ratón, Rosa Abuín, Ana Lorenzo e Marcelino Abuín.
Redacción Salnés