Entra en funcionamento o heliporto do Hospital do Barbanza

    helipuerto.jpgBARBANZA> O heliporto do hospital entrou en funcionamento tras meses de espera debido á existencia dunhas árbores nas inmediacións da pista.

    {flowplayer}barbanza/heliporto.flv{/flowplayer}

    Finalmente as xestións iniciadas dende hai meses pola dirección do hospital comarcal en colaboración co concello de Ribeira deron os seus froitos e os propietarios das parcelas colindantes chegaron a un acordo que permitiu talar as árbores que ata o momento impedían a entrada en funcionamento do heliporto.

    Dende este xoves xa está operativa esta infraestrutura supoñendo unha importante mellora da accesibilidade no centro comarcal. A pista de despegue e aterraxe permitirá axilizar os traslados de pacientes que precisen acudir a centros de referencia como o Complexo Hospitalario da Coruña ou de Santiago en casos de emerxencia.

    En total, a nova instalación beneficiará a preto de sesenta e cinco mil habitantes dos concellos de Boiro, A Pobra, Porto do Son e Ribeira ós que da servizo o hospital comarcal así como a calquera persoa que poida ser trasladada ó centro para recibir asistencia sanitaria, xa que durante os meses de verán a dendsidade de poboación increméntase notablemente.

    Redacción Barbanza