Prisión baixo fianza para nove dos detidos na Operación Repesca

    juzgado_100.jpgVILARGARCIA > A xuíza que instrúe o caso da Operación Repesca decretou prisión baixo fianza de 30000 euros para 9 dos detidos despois de máis de…

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES OPERACION CHARLIN.flv{/flowplayer}

    … quince horas de interrogatorios que remataron sobre ás 4 da madrugada nos xulgados de Vilagarcía. Entre eles están seis membros da familia dos Charlíns, catros dos fillos do patriarca Melchor, Manuel, Teresa e Óscar Charlín Pomares e as dúas netas Natalia Somoza e Noemí Outón. Os outros tres detidos son dous avogados, un deles da Illa de Arousa e considerado pola policía o home de palla dos negocios do clan, e un constructor de Vilanova de Arousa. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia só Óscar e Melchor, fillos do patriarca, o avogado de Vigo e o constructor foron trasladados á prisión de A Lama xa que o resto aboaron o importe da fianza.

    Estes forman parte das catorce persoas que foron detidos o pasado luns, xa que os outros dous xa foran postos en liberdade sen ter que prestar declaración. Agora, os imputados que non foron detidos por atoparse en prisión serán citados a declarar nas próximas semanas.

    Estes son o patriarca do Clan, Manuel Charlín, a súa muller, Josefa Pomares e a súa filla Xosefa Charlín. Todo apunta a que o patriarca e a súa filla o farán desde prisión. Asimesmo, a xuíza decidiu decretar tres meses máis o secreto de sumario para o análise das probas. Cando rematen os interrogatorios, poderían acusalos por un delito de branqueo de capital, alteración do prezo en concursos públicos, estafas e delitos contra a facenda pública.

    Redacción Salnés