O BNG ribeirés reclama a construción dunha depuradora específica para Xarás

    bngribeira_100_290607.jpgRIBEIRA > O BNG vén de remitirlle a Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Calidade e Avaliciación Ambiental as alegacións á nova EDAR de Couso.

    Os membros do grupo municipal do BNG de Ribeira consideran de vital importancia para o municipio a realización do tan ansiado saneamento integral do concello, mellorando os actuais sistemas de tratamento das augas residuais para o desenvolvemento sostible de Ribeira, preservando deste xeito a riqueza da ría de Arousa e os seus entornos naturais como é o caso do Parque Natural de Corrubedo ou as lagoas de Carregal e Vixán. Aínda así non están dipostos a que a obra se realice de calquera forma, xa que segundo eles, o proceso está a ser levado a cabo polo executivo local dun xeito escurantista e de costas ós veciños, a pesar da importancia do mesmo. De aí a necesidade de presentar agora estas alegacións.

    Para os nacionalistas dado a magnitude desta actuación, na que está previsto construir unha estación depuradora con capacidade para uns 80 mil habitantes, fai necesario a realización dun estudo de impacto ambiental. Outra das reclamacións realizadas polo BNG ribeirés é a solicitude de construción dunha depuradora específica para o polígono industrial de Xarás, xa que a incorporación á rede xeral dos vertidos procedentes do parque empresarial causará graves problemas medioambientais.

    Redacción Barbanza