Paso adiante para o novo PXOM rianxeiro

    RIANXO> A Secretaría Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo vén de remitirlle ó concello de Rianxo o Informe Previo á Aprobación Inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste documento indícanse as correccións e modificacións que se deben introducir no planeamento antes da súa aprobación inicial pola corporación municipal en pleno. Dende a Xunta incídese na necesidade de realizar varias correccións, tanto no ámbito de solo urbano como no de solo de núcleo rural, ó existir incongruencias ou erros nas delimitacións de núcleos rurais e de solos urbanizables en diversos lugares do concello, como por exemplo na rúa Rinlo, así como na categorización das especiais proteccións do solo rústico, en lugares como Palleiro, O Regueiro ou Os Lemos.