![]()
POIO> Entre xullo e agosto os cativos interesados en practicar remo, vela ou piragüismo poderán anotarse nestas actividades. O único requisito: saber nadar.
{flowplayer}images/salnes/XORNADAS MAR POIO.flv{/flowplayer}
Remo, vela ou piragüismo son algunhas das actividades deportivas que poderán practicar os nenos e nenas que participen nestas primeiras Xornadas de Mar. Unhas xornadas que vai a desenvolver o concello de Poio, a través da Concellería de Deportes, durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito, a concello poderá detectar cales son as actividades máis demandadas para poder incorporalas nas escolas deportivas no municipio o próximo ano.
A primeira xornada será a de remo e terá lugar o próximo sábado no peirao de Campelo, coincidindo coa Festa da Ameixa e coa regata de Traíñas. O único requisito necesario para participar nestas xornadas é saber nadar xa que tódalas actividades serán de balde e cada neno poderá participar en todas aquelas xornadas que desexe, previa inscrición.
Redacción Salnés









