Louzán inaugura a rotonda de As Laxes, cun investimento de 70.000 euros

    rotonda_as_laxes_copia100.jpgA ILLA> O Presidente Provincial, acompañado do alcalde José Manuel Vázquez, resaltou a importancia de construír a rotonda, para facilitar o acceso ó instituto e regular o denso tráfico da Avenida da Ponte.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ROTONDA_AS_LAXES.flv{/flowplayer}

    Con esta nova rotonda Deputación e concello buscan mellorar a seguridade deste tramo. A proximidade do centro de educación secundaria dos Castriños á zona fixo máis necesaria esta obra, que axudará a regular o tráfico da rúa da Ponte e a reducir a velocidade dos vehículos.

    Sobre a rotonda, que se atopa na entrada da Illa, sitúase unha escultura de Lucas Míguez, artista do Salnés. Baixo o título de “as mans do Mar da Arousa”, a figura de bronce representa un mariñeiro e unha mariscadora, símbolos dos oficios máis típicos dos habitantes da zona.

    Rafael Louzán tamén se comprometeu a apoiar a construción dun aparcadoiro soterrado na zona do porto, unha obra que precisa da aprobación de Portos de Galicia.

    No porto a Deputación tamén financiará a construción dunha carpa semipermanente e acorde con entorno, demandada por diferentes colectivos da Illa para a celebración das festas gastronómicas.

    Redacción Salnés