Showcooking no Grove con produtos do mar e menús de agasallo para o público

O GROVE> Continúa a xira comarcal do alumnado do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés. Hoxe fixeron parada no Grove, cun showcooking no que apoveitaron para poñer en valor os produtos do mar. En colaboración coa Confraría de San Martiño, prepararon varios pratos a base de peixe. Os que por alí se achegaron puideron leva-la proba para casa.

Moitos veciños do Grove achegáronse hoxe ata o showcooking que organizou no Corgo o Obradoiro de Hostaleria da Mancomunidade do Salnés. Aproveitando que están en terra de marisco e bo peixe, elaboraron unha demostración culinaria a base de produtos do mar.

Na iniciativa, que permite visibiliza-lo traballo do alumnado deste obradoiro de emprego, colaborou a Confraría de San Martiño do Grove. O pósito cedeu o produto que logo cociñaron. Un xeito din tamén de poñelo en valor.

Esta actividade permítelle ao obradoiro dar a coñece-lo seu traballo entre os veciños do Salnés. Hoxe, os que se achegaron ata a carpa para interesarse pola actividade marcharon para a casa con premio. Os alumnos preparon un menú para levar .

Os responsables do obradoiro non agochan o seu entusiasmo ante a boa acollida que está tendo a súa xira de showcookings pola comarca, unha iniciativa que naceu pola cancelación doutras actividades que organizaban por mor da covid.

De momento a próxima saída que teñen en axenda nesta xira comarcal será o vindeiro venres 28. A súa parada, o Muelle de Pau da Illa de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí