Catoira pide á Xunta colaboración para dotar de máis contido o centro das Torres de Oeste

CATOIRA> Catoira mellora un dos accesos ás Torres de Oeste. O Concello vén de actuar na senda peonil que transcorre por debaixo da ponte, que estaba xa en moi mal estado. Esta mañá estiveron na zona o alcalde e o Delegado da Xunta en Pontevedra. O rexedor aproveitou para pedi-la colaboración do goberno galego para dotar de máis contido o centro de interpretación das Torres, que está previsto que se inaugure en agosto.

As Torres de Oeste, en Catoira, prepáranse para o verán. O acceso peonil ao emblemático conxunto histórico por debaixo da ponte vén de ser recuperado. A senda atopábase xa en moi malas condicións.

A intervención supuxo un investimento de 34.000 euros, dos que a Xunta puxo 22.000. Dende o goberno galego felicitan ao local pola actuación. Ademais tamén se levaron a cabo tarefas de mantemento na capela de Santiago.

Ao mesmo tempo, o concello ultima os preparativos para a inauguración do Centro de Activación Cultural das Torres de Oeste. O goberno local pediulle á Xunta colaboración para dotalo de máis contido. A previsión é inauguralo en agosto coincidindo coa Vikinga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí